Cada bote do mel Casa Príncipe é un anaco da paisaxe dos Ancares trasladado ao sentido do gusto. O sabor dos seus bosques, matogueiras, soutos, ríos e cumios.
Pastores de abellas desde xeracións
Os Ancares, un espazo natural recoñecido polos seus senlleiros valores patrimoniais, culturais e ambientais.
Recuperamos vellos cortíns, adaptando o tamaño ás súas singularidades para unha mellor convivencia coa contorna.
A porcentaxe de néctar varía cada ano segundo as floracións e condicións. Por iso, cada colleita é irrepetible.
A nosa historia
Esta historia comeza co legado do noso pai e o seu amor pola natureza, o que inspirou a mantermos este lazo entre abellas e os Ancares e converternos en pastores de abellas.
A tradición abelleira constitúe unha cultura enxebre dos Ancares que ten coma mellor expresión a existencia dunha arquitectura popular de enorme beleza: os cortíns.
Colleita 2025 · Esmelga de final de verán
Recollemos o sabor de todas as floracións das paisaxes dos nosos cortíns. Castiñeiros, uces, silvas... Cada ano o mel é único.
Cortíns de Villarpandín e Muñís
Cor ámbar escura con lixeiro aroma a madeira mollada e un sabor doce máis bravo con notas saladas e amargas aportadas pola uz.
12€ / 950g
7€ / 475g
Cortín de Braña de Pena
O castaño e a silva predominan, dándolle unha cor ámbar escura, un aroma floral e un sabor doce con notas ácidas.
12€ / 950g
7€ / 475g
Arquitectura popular dos Ancares
Patrimonio único da nosa historia, os cortíns son testemuña dun xeito de vida xa case extinto das persoas que vivimos nos Ancares.
Recoñecido pola Asociación Galega de Apicultura
Primeiro premio Mel Cinco Estrelas
O noso mel foi galardoado co primeiro posto no concurso Mel Cinco Estrelas, organizado pola Asociación Galega de Apicultura. Un recoñecemento á calidade e ao bo facer artesanal.